Quantcast
Skip to main content

Laura Fachal é Científica de Datos Sénior no grupo de Carl Anderson no Instituto Wellcome Sanger.

A súa investigación céntrase na comprensión dos mecanismos biolóxicos polos que as variantes do ADN afectan o desenvolvemento de certas enfermidades.

Laura estudou Veterinaria e logo realizou un Máster en Biotecnoloxía no que estudou o xenoma mitocondrial en relación coa predisposición á enfermidade meningocócica. A súa Tese Doutoral centrouse no estudo de variantes xenéticas de susceptibilidade ao cancro de próstata e de toxicidade radioinducida. Este estudo mereceu o premio extraordinario de doutoramento da Universidade de Santiago de Compostela. En 2015 Laura recibiu o premio Investigador Xoven en Xenética Humana por ese mesmo traballo.

Como investigadora postdoutoral, Laura recibiu unha bolsa Marie Skłodowska-Curie para realizar unha estadía postdoutoral na Universidade de Cambridge. Alí explorou, mediante estudos de mapeo fino, variantes xenéticas asociadas ao risco de desenvolver cancro de mama.

En 2018 comezou a traballar no Instituto Wellcome Sanger, onde segue a traballar con variantes de ADN, neste caso relacionadas co desenvolvemento da enfermidade inflamatoria intestinal, unha enfermidade inmuno-mediada.