fbpx

Grao SuperiorAcondicionamento físico

Denominación: Acondicionamento físico.
Titulación: Técnico Superior en acondicionamento físico.
Nivel: Formación Profesional de Grao Superior.
Duración: 2000 horas repartidas en dous cursos académicos.
Familia profesional: Actividades Físicas e Deportivas

 

Competencia xeral

O obxectivo xeral deste título é dotar aos alumnos e alumnas dos coñecementos necesarios para elaborar, coordinar, desenvolver e avaliar programas de acondicionamento físico para todo tipo de persoas usuarias e en diferentes espazos de práctica, orientados a mellorar a calidade de vida e a saúde, garantindo a seguridade e aplicando criterios de calidade tanto no proceso como nos resultados do servizo.

Saídas profesionais

  • Adestrador/a de acondicionamento físico en sala de adestramento polivalente, en ximnasios ou polideportivos e en instalacións acuáticas.
  • Adestrador/a de acondicionamento físico para grupos con soporte musical en ximnasios ou polideportivos e en instalacións acuáticas.
  • Adestrador persoal.
  • Instrutor/a das actividades de acondicionamento físico para colectivos especiais.
  • Instrutor/a de grupos de hidrocinesia e coidado corporal.
  • Promotor/a de actividades de acondicionamento físico.
  • Animador/a de actividades de acondicionamento físico.
  • Coordinador/a de actividades de acondicionamento e hidrocinesia.
  • Monitor/a de aeróbic e step, ciclo indoor, fitness acuático e actividades afíns.
  • Socorrista en instalacións acuáticas.

Máis información

CS ACONDICIONAMIENTO FÍSICO4
CS ACONDICIONAMIENTO FÍSICO4

Módulos formativos do primeiro curso (960 horas)

  • Valoración da condición física e intervención en accidentes (240 horas).
  • Actividades básicas de acondicionamento físico con soporte musical (160 horas).
  • Acondicionamento físico na auga (213 horas).
  • Control postural, benestar e mantemento funcional (187 horas).
  • Formación e orientación laboral (107 horas).
  • Lingua estranxeira profesional I (53 horas).

 

Módulos formativos do segundo curso (1040 horas)

  • Técnicas de hidrocinesia (105 horas).
  • Habilidades sociais (123 horas).
  • Fitness en sala de adestramento polivalente (173 horas).
  • Actividades especialidades de acondicionamento físico con soporte musical (123 horas).
  • Proxecto de acondicionamento físico (26 horas).
  • Empresa e iniciativa emprendedora (53 horas).
  • Formación en centros de traballo (384 horas).
  • Lingua estranxeira profesional II (53 horas).

Descrición/ Resumo

A formación que recibirá o alumnado matriculado no Ciclo Superior de Acondicionamento físico achegaralle o coñecemento tanto teórico como práctico que se necesita para deseñar con éxito programas de adestramento e actividade física, os cales se adapten ás necesidades actuais en ámbito do adestramento e fitness.

Desde módulos formativos que se preocupan polo coidado do esquema corporal, así como a postura, principais patoloxías presentes na sociedade actual e como afrontalas con éxito (Control postural, benestar e mantemento funcional); traballo no medio acuático como forma de acondicionamento físico sen impacto para embarazadas, terceira idade e como manipular a intensidade no medio acuático (Acondicionamento físico na auga); e como ser capaz de transmitir e adaptar eses coñecementos á hora de levalos á práctica dunha maneira clara e efectiva para que os usuarios poidan levar unha exitosa práctica deportiva (Habilidades sociais).

Como en todos os ciclos formativos, os contidos dos módulos son tratados de forma transversal co fin de dotar ao alumno dun coñecemento integral, que lle permita ofrecer servizos acordes ao perfil do usuario nas diversas situacións que o medio natural e o tempo libre lle ofrecen.

CS ACONDICIONAMIENTO FÍSICO4

Para máis información: [email protected]