
Sobre o Bacharelato
No Colexio Diocesano San Lorenzo pódense cursar as distintas etapas do Bacharelato de Ciencias Sociais, Humanidades e de Ciencias.
O acompañamento aos alumnos na etapa de Bacharelato ten como obxectivo a construción e desenvolvemento da súa madurez intelectual e humana ao tempo que adquiren os coñecementos necesarios para continuar a súa formación académica posterior.

Desenvolver a personalidade mediante o cultivo dos dons e cualidades persoais.

Cultivar a amizade, a harmonía persoal, a afectividade e outras dimensións que dean sentido á vida e dinamicen a personalidade.

Seguir a Xesucristo na comprensión da vida, na forma de establecer relacións e na transformación da realidade desde o comunitario.

Asumir a formación intelectual como un compromiso de crecemento persoal, social e cristián.
Plan de estudos
1.º BAC:
O fomento do traballo en equipo, a iniciativa, o espírito emprendedor e a creatividade son valores que traballan con Vanesa, titora de 1.º BAC, adquirindo a confianza en si mesmos e a madurez necesarias como preparación para os estudos superiores e ao mundo laboral.
Oferta educativa
Troncais:
- Lingua Castelá e Literatura I
- Lingua Galega e Literatura I
- Primerra Lingua Estranxeira: Inglés I
- Filosofía
- Matemáticas CC. SS. I
- Latín I
- Matemáticas I
Troncais de opción:
- Economía I
- Literatura Universal
- H.ª do Mundo Contemporáneo
- Bioloxía e Xeoloxía
- Física e Química
Específicas:
- Educación Física
- Cultura Científica
- Segunda Lingua Estranxeira: Francés
- Tecnoloxía da Información e a Comunicación I
- Relixión Católica
2.º BAC:
A riqueza cultural, o coñecemento e a valoración da lingua galega como elemento da nosa identidade é o obxectivo fundamental de Montse, titora de 2.º BAC.
Oferta educativa
Troncais:
- Lingua Castelá e Literatura II
- Lingua Galega e Literatura II
- Primeira Lingua Estranxeira: Inglés II
- Historia de España
- Historia da Filosofía
- Matemáticas CC. SS. II
- Latín II
- Matemáticas II
Troncais de opción:
- Economía de Empresa
- Historia da Arte
- Xeografía
- Bioloxía
- Física
- Química
Específicas:
- CC. Terra e Medio Ambiente
- Tecnoloxía da Información e a Comunicación II
- Relixión Católica

A valoración e importancia da Lingua Latina é o obxectivo de Marisa, con ela aprenden a identificar e valorar as principais aportacións da cultura romana e a súa lingua.
A consolidación da súa madurez para ser responsables e autónomos así como o desenvolvemento do seu espírito crítico trabállase con Javier, profesor de Filosofía, e poderán prever e resolver pacificamente os conflitos persoais, familiares e sociais que se lles presenten.