InstalaciónsCapela

Para o desenvolvemento da proposta pastoral e da formación cristiá, no Colexio Diocesano San Lorenzo contamos con varios oratorios-capelas e, especialmente para as celebracións máis solemnes, coa Capela Maior do edificio do Seminario Diocesano, que se atopa na planta baixa.

A Capela é o corazón do Colexio Dioecsano, o lugar onde o Señor Xesús, o verdadeiro Mestre, nos espera e nos recibe, nos escoita e anima na aventura da formación.