fbpx

InstalaciónsCapela

A formación cristiá e vocacional require, como un elemento esencial, dunha vida espiritual e sacramental sólida.

No Seminario Menor temos, a disposición da comunidade, un oratorio-capela, situado preto da zona de estudo e residencia, de modo que sexa accesible en calquera momento do día. Así mesmo, utilizamos ás veces a Capela do Seminario Maior e, para as grandes solemnidades, a Capela Maior do Seminario Diocesano, na planta baixa.

Cada seminarista ten o seu sitio asignado na capela da súa comunidade, e todo o seu material (libro de oración, cantoral, evanxeo diario, biblia) a súa disposición no seu lugar.