ZIENTZIA AZOKA Bilbao, 2-5 xuño 2022 Viaxamos a Bilbao para participar na feira de ciencia Zientzia Azoka de @elhuyar para presentar o noso proxecto: “Un lavamanos portátil”. ¡Unha xornada fantástica compartindo proxectos de ciencia! Pedro Leiva e Yago Rego explícannos o proceso de fabricación, o funcionamento e o seu uso. https://zientzia-azoka.elhuyar.eus/es/zientzia-azoka-online/gazteen-proiektuak/lavamanos-portatil […]
Le máisOnte, día 15 de febreiro, o noso colexio converteuse nunha gran festa. Compartimos coas nosas familias, amigos, autoridades e familias interesadas en coñecer o noso colexio unha xornada de Celebración da Aprendizaxe na que explicamos os proxectos educativos que realizamos neste curso. Aprendizaxe Baseada en Proxectos No CDSL apostamos pola innovación metodolóxica e este […]
Le máisNo proxecto Cuadratura do Círculo os alumnos de 3.º ESO enfróntanse a problemas moi complexos que precisan de resolucións moi imaxinativas. Neste intre están construíndo unha igrexa a partir dunha maqueta feita a escala E 1:6. Traballan con pezas de gran tamaño que non son doadas de calcular porque teñen que ir coas medidas ben […]
Le máisII XORNADA DE PORTAS ABERTAS: ESO E BAC Ven a coñecernos! Lembra: 15 de febreiro ás 16:30 ESO e BAC Estaremos encantados de ofrecervos información sobre o noso modelo educativo. Esperámosvos!
Le máisXa podemos retomar as actividades na horta de Santa Comba! Levamos moitos anos, case dúas décadas, participando no programa de educación ambiental Voz Natura da Voz de Galicia impulsado pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre. Con esta actividade poñémonos en contacto coas tarefas do medio rural: dotámonos de fundas de traballo e zocos de goma para […]
Le máisIniciando os cadros do proxecto científico tecnolóxico en 1.º ESO “O LEGO cobra vida”. Coñecendo a forma da célula animal, a estrutura e a función dos orgánulos celulares, iniciamos o desenvolvemento artístico da célula. Ao choio!
Le máisE se un día chegas á aula e che din que vas traballar no proxecto Chámalle X? A que che parecería que non ten nada que ver coas materias que tes que estudar? Pois este foi o orixinal tópico xenerativo proposto aos alumnos de 2.º ESO para o traballo colaborativo sobre o rei Afonso X […]
Le máisRematamos o noso proxecto realizando dous traballos sobre a obra de enxeñería civil romana no tramo da vía XIX, a ponte e a muralla.
Le máisO material deste proxecto educativo está inspirado na iniciativa da nosa Diocese: Sempre Xuntos, que consistía en axudar ás persoas enfermas que estivesen máis soas e necesitadas. E pareceunos que é o mellor resumo do noso curso. Despois dun ano tan estraño e no que compartimos experiencias tan distintas a todo o que vivíramos ata […]
Le máisOs estudantes de latín estudaron a cultura romana a través das vías romanas que cruzaban Hispania. Cada un centrouse na análise dunha estrada, analizando a ruta, as distintas paradas e os monumentos romanos atopados no camiño.
Le máis