fbpx

CiclosAcerca dos Ciclos Formativos

Como parte do desexo de ampliar e facer máis útil a proposta educativa que o Colexio Diocesano San Lorenzo pretende seguir desenvolvendo, solicitamos como novidade a posibilidade de cursar no Centro varios Ciclos Formativos privados, de grao medio e superior, en dous ámbitos: o da formación deportiva -tradicionalmente coidada no Seminario de Lugo- e o actual e sensible campo de traballo socio-sanitario. Actualizaremos a información tan pronto como estea dispoñible a oferta.

Así mesmo, froito dun convenio de colaboración con DROCER, está a punto de poñerse en marcha nas nosas instalacións o Ciclo Medio de adestrador de baloncesto. Con isto e coa colaboración de varios equipos deportivos da cidade, queremos converxer con todos aqueles que traballan, tamén desde as nosas instalacións, pola promoción da educación, a cultura e o deporte.