Quantcast
Skip to main content

Vés comigo? É o lema que escollemos no CDSL para esta Coresma. Unha invitación a que reflexionemos no camiño que eliximos na nosa vida. Non soamente durante o próximos corenta días, senón cada día.

A Coresma é sempre un tempo  para reflexionar  sobre as nosas decisións e así o lembramos na Eucaristía que hoxe compartimos.

A pregunta vai acompañada dunha man tendida. A man de Cristo é  unha man que sabemos que nunca nos falla, pero que tamén hai que estar disposto a tomar. No noso estudo, na nosa convivencia cos demais, no coidado con todo o que nos rodea ir da man de Cristo significará contribuír a un mundo mellor. E neste momento, necesitámolo con urxencia. Aceptemos confiados e con ledicia  a invitación  que se nos propón nesta Coresma.