fbpx

Ciclo MedioEmerxencias sanitarias

Denominación: Emerxencias sanitarias
Titulación: Técnico en Emerxencias Sanitarias
Nivel: Formación Profesional de Grao Medio.
Duración: 2000 horas repartidas en dous cursos académicos.
Familia profesional: Sanidade
Máis información: [email protected]

 

Competencia xeral

A competencia xeral do título de Técnico en Emerxencias Sanitarias consiste en trasladar ao paciente ao centro sanitario, prestar atención básica sanitaria e psicolóxica na contorna prehospitalaria, levar a cabo actividades de teleoperación e teleasistencia sanitaria, e colaborar na organización e desenvolvemento dos plans de emerxencia, dos dispositivos de risco previsibles e da loxística sanitaria ante unha emerxencia individual, colectiva ou catástrofe.

 

Saídas profesionais

Este profesional desenvolve a súa actividade no sector sanitario relacionado co traslado de pacientes ou vítimas e a prestación de atención sanitaria e psicolóxica inicial, colaborando na preparación e desenvolvemento da loxística sanitaria ante emerxencias colectivas ou catástrofes, así como participando na preparación de plans de emerxencia e dispositivos de risco previsibles do ámbito da protección civil.

CDSL EMERGENCIAS SANITARIAS
CDSL EMERGENCIAS SANITARIAS 2

Módulos formativos do primeiro curso (960 horas)

  • Anatomofisioloxía e patoloxía básicas (107 horas)
  • Apoio psicolóxico en situacións de emerxencia (53 horas)
  • Atención sanitaria inicial en situacións de emerxencia (266 horas)
  • Dotación sanitaria (107 horas)
  • Formación e orientación laboral (107 horas)
  • Loxística sanitaria en emerxencias (160 horas)
  • Mantemento mecánico preventivo do vehículo (80 horas)
  • Teleemexencias (80 horas)

Módulos formativos do segundo curso (1040 horas)

  • Atención sanitaria especial en situacións de emerxencia (227 horas)
  • Evacuación e traslado de pacientes (245 horas)
  • Plans de emerxencias e dispositivos de riscos previsibles (105 horas)
  • Empresa e iniciativa emprendedora (53 horas)
  • Formación en centros de traballo (410 horas)

Descrición/ Resumo

A formación que recibirá o alumno/a matriculado/a no Ciclo Medio de Emerxencias Sanitarias permitiralle prestar atención básica sanitaria e psicolóxica na contorna prehospitalaria, trasladar ao paciente ao centro sanitario, levar a cabo actividades de teleoperación e teleasistencia sanitaria, colaborar na organización e desenvolvemento dos plans de emerxencia dos dispositivos de risco previsibles e da loxística sanitaria ante unha emerxencia individual, colectiva ou catástrofe.

Este profesional será capaz de:

  • Evacuar ao paciente ou vítima utilizando as técnicas de mobilización e inmobilización e adecuando a condución ás condicións do mesmo, para realizar un traslado seguro ao centro sanitario de referencia.
  • Aplicar técnicas de soporte vital básico ventilatorio e circulatorio en situación de compromiso e de atención básica inicial noutras situacións de emerxencia.
  • Colaborar na clasificación das vítimas en todo tipo de emerxencias e catástrofes.
  • Prestar apoio psicolóxico básico ao paciente, familiares e afectados en situacións de crise e emerxencias sanitarias.
  • Atender a demanda de asistencia sanitaria recibida nos centros xestores de teleoperación e teleasistencia.
  • Axudar ao persoal médico e de enfermaría, na prestación do soporte vital avanzado, a atender ao paciente en situacións de emerxencia sanitaria.
  • Verificar o funcionamento básico dos equipos médicos e medios auxiliares do vehículo sanitario.
  • Controlar e repoñer as existencias de material sanitario.
  • Estes ensinos inclúen os coñecementos necesarios para levar a cabo as actividades de nivel básico de prevención de riscos laborais.
CDSL EMERGENCIAS SANITARIAS

Para máis información: [email protected]