fbpx

Grao SuperiorHixiene bucodental

Denominación: Hixiene bucodental
Titulación: Técnico Superior en hixiene bucodental.
Nivel: Formación Profesional de Grao Superior.
Duración: 2000 horas repartidas en dous cursos académicos.
Familia profesional: Sanidade
Máis información: [email protected]

 

Competencia xeral

A competencia xeral do título de técnico superior en Hixiene Bucodental consiste en promover a saúde bucodental das persoas e da comunidade, mediante o desenvolvemento de actividades preventivas e técnico-asistenciais que inclúen a exploración, a avaliación, a promoción e a realización de técnicas odontolóxicas en colaboración co odontólogo ou co médico estomatólogo. Como membro dun equipo de saúde bucodental realizará a súa actividade profesional con criterios de calidade, seguridade e óptimo aproveitamento dos recursos.

Saídas profesionais

No sector sanitario público e no privado, na área de atención sanitaria e promoción da saúde, formando parte de equipos estruturados de saúde bucodental, de equipos de atención primaria, nas unidades de promoción da saúde, e en consultas ou gabinetes dentais privados. Poden integrarse nun equipo de prevención e atención sanitaria, coordinado por un facultativo. Desenvolven funcións de organización e xestión na unidade ou no gabinete dental de traballo, prestan servizos asistenciais e preventivos á comunidade e controlan a súa calidade a través de actividades de vixilancia epidemiolóxica e de educación sanitaria. A súa actividade profesional está sometida a regulación pola Administración competente. 

Higiene bucodental ciclo formativo

Módulos formativos do primeiro curso (960 horas)

  • Estudo da cavidade oral (213 horas)
  • Exploración da cavidade oral (134 horas)
  • Fisiopatoloxía xeral (213 horas)
  • Intervención bucodental (213 horas)
  • Formación e orientación laboral (107 horas)
  • Recepción e loxística na clínica dental (80 horas)

Módulos formativos do segundo curso (1040 horas)

  • Conservadora, periodoncia, cirurxía e implantes (175 horas)
  • Educación para a saúde oral (105 horas)
  • Epidemioloxía en saúde oral (87 horas)
  • Primeiros auxilios (53 horas)
  • Próteses e ortodoncia (157 horas)
  • Empresa e iniciativa emprendedora (53 horas)
  • Formación en centros de traballo (384 horas)
  • Proxecto de hixiene bucodental (26 horas)

Descrición/ Resumo

A formación que recibirá o alumnado matriculado no Ciclo Superior de Hixiene bucodental permitiralle xestionar os ficheiros de pacientes dun gabinete dental para dar resposta ás necesidades de atención requiridas polos mesmos.

  • Previr riscos e optimizar recursos, colaborando na programación de actividades da unidade de saúde bucodental.
  • Xestionar a adquisición, reposición e almacenamento de materiais funxibles, recambios, equipos e instrumental.
  • Asegurar a operatividade das instalacións e equipos do gabinete, aplicando os procedementos e protocolos de calidade establecidos.
  • Obter e rexistrar datos de saúde e enfermidade da cavidade bucodental mediante inspección e exploración.
  • Aplicar técnicas preventivas e asistenciais segundo protocolos establecidos.
  • Colaborar na obtención de radiografías dentais e técnicas radiolóxicas cumprindo as normas e criterios de radioprotección.
  • Planificar e desenvolver as actuacións necesarias para aplicar un programa de seguimento epidemiolóxico a grupos de poboación.
  • Deseñar e implementar actividades de educación sanitaria para fomentar a saúde bucodental das persoas e da comunidade.
  • Apoiar psicoloxicamente aos pacientes/usuarios, para facilitar a realización dos tratamentos bucodentais.
  • Aplicar técnicas de apoio ou soporte en tratamentos odontolóxicos dentro do equipo de saúde bucodental para facilitar a prestación de servizos.

Para máis información: [email protected]