InstalacionesInstalacións deportivas

O Colexio Diocesano San Lorenzo conta cunhas modernas instalación deportivas nas que é posible practicar case que calquera disciplina deportiva.

Dipoñemos dun pavillón cuberto totalmente acondicionado que conta cuns cómodos vestiarios. Nel pódese practicar fútbol sala, baloncesto, hóckey patins, voleibol, balonmán, bádminton… e nos espacios contiguos: tenis, tenis de mesa e futbolín. No seu marcador deportivo multidisciplinar quedan reflectidos os datos de todos os deportes que se poden practicar no interior.

Tamén temos un ximnasio para a práctica deportiva no que se poden impartir as sesión de Educación Física, así como diverss módulos formativos pertencentes aos Ciclos de Formación Profesional de ámbito deportivo. O ximnasio está equipado con todo o necesario tanto para as clases como para a práctica doutras actividades, pois conta con material deportivo novidoso e atractivo: escaleiras de axilidade, “monkey bar”, material de “floorball”, “softball” e mesmo un monociclo.

Ademais dos espacios interiores, o Colexio dispón dun patio exterior de 3000 m2 no que se pode practicar fútbol, baloncesto, futbito, balonmano… e tamén se emprega como espacio lúdico-recreativo ao aire libre.