Quantcast
Skip to main content

En 1.º ESO estudamos o noso Sistema solar formado polo sol e todos os corpos celestes que orbitan ao seu redor.

Estudamos a composición do sol, a súa temperatura, o seu tamaño, o seu movemento… As características dos planetas interioresexteriores, planetas ananos, satélites, asteroides e cometas.

Presentámosvos as maquetas do Sistema solar realizadas polos alumnos de 1.º ESO:

 

 

 

 

Tamén empregamos  a aplicación Mapa Estelar para explorar o sistema solar nunha  simulación en tempo real, vimos  as súas estrellas, constelacións, planetas, etc.

Ata chegamos a calcular distancias en anos luz e puidemos desfrutar do universo en todo o seu esplendor.