Quantcast
Skip to main content

As alumnas e alumnos dos ciclos formativos (Técnico en Hixiene Bucodental, Emerxencias Sanitarias, Acondicionamento Físico e Guía no medio natural e de tempo de lecer) recibiron unha formación teórico-práctica sobre PPAA en colaboración con @ambulancias_salutrans.

A sesión constou de dúas partes:

1- Explicación teórica do protocolo de SVB (Soporte Vital Básico) e PCR (Parada cardiorrespiratoria).
2- Práctica da técnica de RCP (Reanimación Cardiopulmonar).

Dende o colexio queremos dar as grazas a Jose polas súas explicacións, cimentadas no seu coñecemento e experiencia como técnico en emerxencias.

Dende hoxe, as nos@s alumn@s saben actuar mellor ante un caso de parada cardiorrespiratoria (unha das principais causas de morte na actualidade).