AdmisiónsProceso de admisión

PROCESO DE ADMISIÓN
COLEXIO DIOCESANO SAN LORENZO

Se estades interesados, estes son os pasos a seguir:

RESERVA DE PRAZA 2021-2022 (a partir do 8 de marzo de 2021)

  1. Chamádenos ao 982 22 01 00 e deixádenos os vosos datos. Contactaremos con vós á maior brevidade, seguindo os pasos indicados no proceso de admisión. Se o preferides, podedes cubrir este formulario online e chamámosvos nós.
  2. O persoal do Colexio Diocesano San Lorenzo contactará telefonicamente con vós para concertar unha cita á maior brevidade posible.
  3. Entrevista online ou persoal co candidato ou a candidata e os seus pais ou titores legais. Diálogo sobre a elección do Centro, o noso proxecto educativo e visita ás instalacións.
  4. Unha vez realizada a entrevista, debedes descargar cubrir e enviar online o formulario de prematrícula.

PREMATRÍCULA: Unha vez realizada a entrevista.

MATRÍCULA 2021-2022: xuño 2021.

PROCESO DE ADMISIÓN
SEMINARIO MENOR DE LUGO

Se queredes solicitar a admisión do voso fillo como seminarista na comunidade do Seminario Menor de Lugo:

  1. Seguir o procedemento indicado máis arriba para a reserva de praza e prematrícula no Colexio Diocesano San Lorenzo.
  2. Descargar, cubrir e enviar a solicitude de admisión ao Seminario Menor de Lugo.
  3. Descargar e entregar ao voso párroco la folla de identificación parroquial, que cubrirá e enviará directamente ao Seminario.
  4. Participar nun dos cursiños de admisión ao Seminario Menor. O cursiño ten como obxectivo unha presentación rápida dos elementos esenciais da vida do Seminario Menor, para valorar a idoneidade e a adaptación á comunidade.