Quantcast
Skip to main content

Comezar de novo sempre é moi ilusionante. Esta semana estivo chea de cousas novas para todos: novos compañeiros e compañeiras, novos profesores e, sobre todo,  un novo colexio: o Colexio Diocesano San Lorenzo. Polos corredores percíbese esta ledicia da nova etapa.

E con todas as enerxías anovadas para este curso, puxémonos a estrear os cadernos e, como vedes, quedaron fantásticos e xa dan ganas de traballar moito con eles.