fbpx

O colexioQuen somos

COLEXIO DIOCESANO SAN LORENZO

Seminario Menor de Lugo

O Colexio Diocesano San Lorenzo toma o testemuño da proposta educativa desenvolvida ata agora polo Seminario Menor Diocesano, fiel ao desexo de seguir ofrecendo un espazo para a formación integral e o crecemento harmónico de tódalas dimensións da persoa. O servizo educativo que, ao longo do tempo, prestou o Seminario Menor a tantas familias da Diocese de Lugo quere, desta forma, continuar e ampliar o seu alcance, de xeito que, como Colexio Diocesano, poida significar un instrumento formativo valioso ao servizo de todos os que compartan a nosa identidade e proposta. 

Cremos posible, con esta nova configuración da oferta educativa, potenciar a valiosa experiencia de formación que se foi desenvolvendo nas nosas aulas ao longo dos anos, e ofrecérllela a todos. E, ao mesmo tempo, coidar e conservar como un ben a realidade do Seminario Menor de Lugo, que continúa a súa misión vocacional co apoio dunha realidade educativa anovada.

Xa que é o centro educativo de referencia para a comunidade do Seminario Menor de Lugo, tamén recolle na súa proposta os principios e criterios que expresa o Plan Específico de Formación para os Seminarios Menores da Conferencia Episcopal Española, por canto son aspectos valiosos para calquera proposta educativa. Atenderemos así ás distintas dimensións do desenvolvemento humano: intelectual, emocional, comunitario, cristián e vocacional. 

Deste xeito, ao tempo que os nosos alumnos crecen na súa formación académica, descobren o cristianismo como unha novidade de vida que, sen negar nada do que os fai grandes, enriquece e potencia a cada persoa para que poida construír un futuro pleno, persoal, profesional e vocacional.

COLEGIO DIOCESANO SAN LORENZO - Quienes somos
  • Máis de 7500 alumnos no último século da nosa historia.
  • Das nosas aulas saíron moitos sacerdotes, pero tamén profesores, políticos, médicos, avogados, artistas, periodistas ou deportistas.

Intentamos

  • Proporcionar unha formación completa.
  • Acompañar cos medios necesarios para o crecemento harmónico.
  • Axudar no discernimento vocacional para unha elección profesional responsable.
  • Facilitar o proceso de maduración para que poidan ingresar no Seminario Maior Diocesano.

Ofrecemos:

  • Un proxecto propio, que busca a formación integral cunha perspectiva explicitamente cristiá.
  • Un claustro de profesores de tódalas idades e especializacións.
  • Un equipo de formadores e titores que atende aos alumnos dun xeito personalizado.
  • Un equipo de orientación e o apoio psicolóxico e terapéutico do Centro de Orientación Familiar Diocesano.
  • Un edificio novo e unhas instalacións modernas e actualizadas que responden a tódalas esixencias formativas.