Quen vive na piña debaixo do mar?

Quen vive na piña debaixo do mar? O seu corpo amarelo absorbe sen máis, o mellor amigo que poidas ter..

Quen vive na piña debaixo do mar?

Pois claro, ¡Booob Esponxa!

Que ben o pasaron esta semana os compañeiros de 1.º ESO na clase de Bioloxía!

Grazas á famosa esponxa cadrada e con pantalóns, aprenderon unha morea de cousas sobre o mundo mariño: as características dos poríferos (a familia de Bob), a peculiar alimentación dos equinodermos, as estrelas de mar, como Patricio; as marabillosas cnidarias (as medusas) que fascinan a Bob; o papel fundamental do placton, aínda que sexa o ruín nos debuxos.

Realizaron esta actividad para estudar a estrutura e a forma de vida dos invertebrados dun xeito ameno  e divertido con  Bob Esponxa,  Patricio, Calamardo, Sr. Cangrexo, a lagosta Larry, o caracol Gary, Plancton… (Arenita Meixelas era un pouco difícil clasificala neste estudo porque  é un  esquío no fondo do mar.)

 

Estudiaron o ecosistema de Fondo de Bikini, situado no  océano Pacífico, onde conviven diferentes animais invertebrados: poríferos, cnidarios, anélidos, moluscos (gasterópodos, bivalvos e cefalópodos), crustáceos e equinodermos.

Con esta actividade tamén valoraron a amizade que teñen os protagonistas dos debuxos  e deste xeito tamén a vencellaron co noso  proyecto de amigos, Sempre xuntos!

Bob Exponxa demostra que a presenza dun amigo é importante cando estamos felices, tristes ou cando temos un mal día, unha amizade incondicional e  sen importar as diferenzas ( aínda que sexas unha esponxa, un cangrexo, unha estrela, unha medusa ou unha lura).  Os amigos sempre estamos para axudar uns aos outros!