InstalaciónsResidencia

Ascensor Seminario Menor Lugo

Dormitorios

A reforma integral do edificio do Seminario foi aproveitada para renovar tamén a zona dedicada a Residencia no Seminario Menor.

Todos os seminaristas contan cun cuarto dotado de luz natural, calefacción e baño completo, nun ambiente de estudo e reflexión.

Sala de estudo

Compartir o día a día cos compañeiros fai de estudar no Seminario unha experiencia única.

Os seminaristas contan cun amplo salón de estudo, no que realizan parte do traballo persoal das distintas materias, co apoio de profesores e formadores.

Sala comunitaria

A vida do Seminario quere ser a dunha familia que cumpre o desexo do Señor: “que todos sexan un” (Xn 17,21). Os momentos comunitarios de lecer e tempo libre contan tamén cos seus espazos propios na residencia.

Outras instalacións

As instalacións deportivas e audiovisuais, que utiliza durante a xornada escolar o Colexio Diocesano San Lorenzo, son tamén espazos a disposición dos seminaristas menores noutros momentos do día.