fbpx

Metodoloxías de aprendizaxe: rutinas de pensamento

Traballamos con metodoloxías innovadoras de ensino-aprendizaxe, como son as rutinas de pensamento.
Hoxe presentamos a rutina de pensamento “Compara e contrasta” empregada en 1º. ESO na UD de vertebrados: peixes, anfibios, réptiles, aves e mamíferos.

A partir dunha serie de preguntas que serven de guía, o alumnado chega a unha conclusión final en base as semellanzas e diferenzas atopadas entre as distintas parellas de animais vertebrados establecidas.