Sempre Xuntos!

O material deste proxecto educativo está inspirado na iniciativa da nosa Diocese: Sempre Xuntos, que consistía en axudar ás persoas enfermas que estivesen máis soas e necesitadas. E pareceunos  que é o mellor resumo do  noso curso.

Despois dun ano tan estraño e no que compartimos experiencias tan distintas a todo o que vivíramos ata agora, neste curso aprendemos a valorar aínda máis o que distingue ao noso colexio: a nosa amizade.

Xuntos formamos esta comunidade na que algúns pasamos seis anos e na que faremos amigos para toda a vida. Por iso, este crebacabezas no que cada un é unha peza e que ten sentido completo cando as xuntamos todas, será a mellor lembranza deste ano no que non sempre puidemos estar reunidos.

A través das distintas materias e coas actividades que nos propoñan os profesores, poderemos gañar cada peza ata obtelas todas e formar esta imaxe tan chula!