fbpx

Total Sport

O traballo dos adestradores deportivos non se centra só no deseño e instrución de prácticas deportivas. Outra das súas funcións é a xestión das actividades tanto a nivel de recursos humanos como de instalacións e materiais, sen esquecer os trámites burocráticos que isto supón.

Durante a visita á sede de @totalsport_lugo, o noso alumnado coñeceu de primeira man como funciona unha empresa de xestión deportiva, ocio e tempo de lecer.

Moitas grazas a @totalsport_lugo por mostrarlle aos estudantes unha das tarefas menos coñecidas entre os técnicos deportivos.