Quantcast
Skip to main content

Dous seminaristas de 3º ESO participan neste programa que o Instituto da Familia e o COF Diocesano de Lugo presentaron e co que pretenden atopar un espazo onde ás persoas maiores sexan escoitadas, valoradas, un espazo para recuperar o seu protagonismo e a súa autoestima. Ao publicar os resultados e ter unha ou máis actividades ao longo do ano, estas persoas senten a súa validez e relevancia social.

Un encontro intenso de xóvenes con unha xeración que permanece, polo xeral, oculta ante eles, pois acceden so aos iguais, en menor medida os seus pais pero raramente a esta xeración.

Son obxectivos deste programa:

  • Conectar as xeracións máis novas coas maiores, establecendo relacións e cariño.
  • Resaltar e divulguar algún aspecto da vida destas persoas maiores para valorar e honrar publicamente estas vidas cargadas de experiencia.
  • Ofrecer ás persoas maiores un foro no que sexan escoitadas e valoradas a través da narración da súa biografía.
  • Ofrecer aos mozos a posibilidade de desenvolver unha actividade social e literaria, sendo quen de narrar e publicar a vida dunha persoa maior.

Estas historias publicaranse nun libro que recolle o que cada mozo escoitou de cada persoa maior coa que fixo parella.