A mellor forma de estudar as propiedades da auga é poñéndoas en práctica!!
Se introduces un ovo en auga, flotará?
E se disolves sal na auga e introduces o ovo, flotará?
Que lle pasa ao ovo se o deixas uns días sumerxido en vinagre?
Podes observar nas flores como a auga con colorante ascende por condutos finos por capilaridade, tamén un pequeno vídeo para comprobar a elevada tensión superficial da auga empregando unha pelota de pingpong.