Quantcast
Skip to main content

O xoves, 20 de febreiro os alumnos do Seminario dos cursos de 1º E.S.O., 4º E.S.O. e da materia de Latín de 1º de B.A.C., asistiron a unha actividade formativa adaptada ás materias que estudan este ano, consistiu nun circuíto pola cidade bimilenaria de Lugo, centrado no magnífico patrimonio do Antigo Imperio Romano que ten esta cidade galega un dos seus lugares máis destacados en España.

O circuíto planificouse en seis puntos de interese que tiñan como vínculo común que os estudantes interactuaran co extenso patrimonio romano desta cidade, xa que conta con monumentos como a muralla romana do século III d.C., incluída no patrimonio mundial da UNESCO no ano 2000.

Lugo Romano 8

Itinerario dos estudantes do Seminario Menor de Lugo:  1 – Historia do acueducto romano.  2 – Praza de Santa María  3 – Camiño pola muralla. 4 – Centro Arqueolóxico de San Roque. 5 – Casa dos Mosaicos. 6 – Centro de Interpretación da Muralla de Lugo.

A actividade formativa incluíu tres explicacións de guías especializados; dous deles en zonas museísticas, como o Centro Arqueolóxico de San Roque, onde os estudantes puideron ver o estanque cultural romano, un forno da época imperial e varios elementos funerarios. A visita á Casa dos Mosaicos tamén incluíu a explicación dun guía especializado que destacou a decoración da Domus conservada e de elementos como o Hipocausto destinado a quentar a casa.

A visita ao Centro de Interpretación da Muralla puxo fin a esta actividade formativa, que permitiu aos estudantes coñecer mellor este emblema patrimonial da cidade de Lugo que percorreran anteriormente durante 500 metros, entre a Torre da Muriega e a Torre da Mosquera, icona do pasado romano desta cidade.

Lugo Romano 7  Lugo Romano 6

Lugo Romano 3