Tarde de festa e magosto no CDSL! Que ben o pasamos compartindo as castañas que apañamos esta fin de semana. No noso orixinal asadeiro, que noutro tempo foi parte dunha lavadora, conseguimos un magosto ben saboroso. E namentres esperabamos, xogamos a moitas cousas e desfrutamos dunha marabillosa tarde de outono.