Quedamos sen palabras cos impresionantes traballos dos nosos compañeiros de 3.º ESO na materia de Educación Plástica.
Unha actividade na que coa axuda de Anxo, o seu profesor, desenvolven as destrezas básicas no manexo de certas ferramentas de debuxo (lápices HB e B, difuminos e gomas).
Comprenderon, ademais, que a luz é un factor esencial do proceso de percepción e configuración de imaxes.
Traballaron a aplicación da escala de grises no rostro humano, tomando como modelos debuxos de artistas clásicos, e facendo fincapé nas proporcións da figura.
Parabéns por este fantástico traballo e agardamos con impaciencia os vindeiros. Ánimo, artistas!