Quantcast
Skip to main content

Día de libros!

Cada quince días adicamos unha clase á lectura. Na aula temos unha selección de libros ós que podemos botar unha ollada e decidir se lemos. Con todo, hoxe foi un pouco especial o noso día de libros xa que fomos á Biblioteca do Seminario porque chegaron novidades. A verdade é que nos gustaron moito os novos títulos e custounos un pouco decidirnos, pero despois de comezar a ler, escollemos as nosas próximas lecturas.