Na materia de Cultura Científica en 4.° ESO estivemos investigando sobre divulgadores científicos, persoas que dan voz aos novos descubrimentos na ciencia; interesámonos especialmente por Carl Sagan, Félix Rodríguez de la Fuente, Michio Kaku e Margarita del Val, aos que lles fixemos unha infografía sobre a súa vida e as súas tarefas de difusión social da ciencia.