Quantcast
Skip to main content

Sumámonos ao Seminario Diocesano na Eucaristía polos defuntos.

Como ven sendo habitual cada ano cando chegan estas datas, o vindeiro martes 9 de novembro de 2021 ás 19:00 h. Na Capela Maior do Seminario celebraremos a Eucaristía polo eterno descanso de todos os defuntos vinculados ao Seminario de Lugo e coas diversas realidades que nel conviven: Bispos, Reitores, formadores, mestres/sacerdotes, seminaristas, persoal e benfeitores, así como os familiares falecidos dos actuais membros da comunidade educativa. Encomendaremos de modo especial aos falecidos no último ano.

Todos os que queirades compartir connosco este momento significativo de oración que cada ano nos reúne estades convidados a participar nesta celebración, coa nosa esperanza no Señor da vida e da morte. Confesamos a nosa fe e esperanza e recemos polos nosos defuntos.