Quantcast
Skip to main content

Os nosos compañeiros Montse, Daniel, Nicolás e Luis estiveron nunha viaxe formativa a Soria coa Fundación Trilema e contáronnos isto: Á nosa chegada, a comunidade educativa da Escola, xunto coa presidenta da Fundación Trilema, Carmen Pellicer, déronnos unha cálida acollida que contrastaba co rigor do outono soriano.

O primeiro día fixemos un percorrido polos diferentes cursos e etapas, entrando nun mundo de innovación pedagóxica a través da educación por proxectos. Participamos no desenvolvemento mediante a elaboración de portafolios, murais, etc. Tamén asistimos a unha clase de co-docencia sobre a materia de física e fixéronnos partícipes no resto de programas educativos que ten o colexio.

O segundo día participamos na Festa da Aprendizaxe que o alumnado e profesorado dos ciclos de Primaria e Secundaria realizan ao remate de cada proxecto. O alumnado expuxo os produtos finais dos proxectos con gran implicación e talento.

Iniciamos este camiño de colaboración coa Fundación Trilema para ofrecer ao alumnado do noso Colexio o máis alto nivel de innovación pedagóxica que nos permita orientar a nosa práctica docente cara á excelencia académica.