Quantcast
Skip to main content

 

Noraboa, campións!

Os nosos compañeiros Álex Lage e mais Pedro Leiva acaban de gañar o segundo premio de Galiciencia polo seu proxecto do lavamáns.

Trátase dun invento deseñado para o baño de persoas de mobilidade reducida ou enfermos que non se poden erguer da cama. A súa máquina evita fugas e salpicaduras de  auga accidentais porque o paciente lavar as mans nunha cámara selada. Tamén evita o contacto directo coa persoa polo que é ideal para previr calquer contaxio. Eles mesmos  explícano neste vídeo que presentaron ao concurso:

 

A prensa fíxose eco da noticia pois Galiciencia é o certame máis importante no ámbito científico escolar galego, así que Álex e Pedro foron entrevistados por diversos xornais. Botádelle unha ollada e pedídelles un autógrafo a próxima vez que os vexades porque van para celebridades:

Un recoñecemento moi merecido a  este e a tódolos traballos que saen do noso taller de Tecnoloxía dirixido polo profesor Miguel Leiva. Neste curso, por exemplo, xa conseguiron máis dunha ducia de pitiños na incubadora que fabricaron con pezas de refugallo.

 

Noraboa, non podemos estar máis orgullosos do voso traballo!