Quantcast
Skip to main content

O Día das Letras Galegas estivo adicado este ano á escritora lucense Xela Arias, por iso desde o pasado 17 de maio realizamos varias actividades para coñecer a súa obra.

Hoxe compartimos con vós a visita que os nosos compañeiros de 1.º de BACH fixeron á exposición que organizou a Biblioteca do Seminario coa obra da autora e tamén doutros estudos cos que descubriron o talento desta autora multidisciplinar: tradutora, narradora, profesora, comprometida coa cultura galega  e, por enriba de todo, unha excelente poeta.

 

 

Para a maioría de nós foi unha sorprendente descuberta a súa obra e desfrutamos moito coa súa lectura por iso vola recomendamos.