Os estudantes de 3.º da ESO estudan o método de traballo de científicos en Física e Química e fixérono a través dunha divertida e atractiva experiencia no laboratorio. O estudo consistiu en observar a influencia da temperatura da auga na velocidade da reacción empregando botes de Lacasitos con tapa e comprimidos efervescentes.
Como a temperatura da auga variou nas distintas repeticións, o tapón do bote de Lacasitos disparouse con certas diferenzas de tempo que os alumnos tiveron que rexistrar.
Este é o vídeo co resultado do seu gran traballo: