Durante as últimas semanas coñecemos a importancia que ten a auga na Terra e nos seres vivos.
Estudamos as súas características, a distribución na Terra, o ciclo da auga na natureza e valoramos se o seu consumo é sostible.
Pasámonolo xenial e aprendemos unha chea de cousas que despois explicamos aos nosos compañeiros.
Como actividade final desta unidade didáctica presentámosvos os proxectos realizados polos alumnos de 1.º ESO.
Felicitamos aos nosos compañeiros e a Loli, a súa profe, por este fantástico traballo!!