En 1.º ESO estudamos o noso Sistema solar formado polo sol e todos os corpos celestes que orbitan ao seu redor.
Estudamos a composición do sol, a súa temperatura, o seu tamaño, o seu movemento… As características dos planetas interiores e exteriores, planetas ananos, satélites, asteroides e cometas.
Presentámosvos as maquetas do Sistema solar realizadas polos alumnos de 1.º ESO:
Tamén empregamos a aplicación Mapa Estelar para explorar o sistema solar nunha simulación en tempo real, vimos as súas estrellas, constelacións, planetas, etc.
Ata chegamos a calcular distancias en anos luz e puidemos desfrutar do universo en todo o seu esplendor.