Quantcast
Skip to main content

Cada semana adiamos un tempo ás titorías  en todos os cursos. É un momento no que lle cometamos ao titor a  nosa semana e tamén aprendemos dinámicas que nos axudan no noso estudo. Este é o resultado dunha delas:  primeiro estuvemos reflexionando sobre os nosos  obxectivos para este curso e despois puxémolos en común. Un dos máis repetidos tiña que ver coa amizade co resto de compañeiros e compañeiras do colexio. Sabemos que este obxectivo o imos conseguir porque é lo que máis estimamos xa en cada curso: o compañeirismo e o bo ambiente.

Outro dos obxectivos era acabar este curso gozando co aprendido e superando as materias con éxito.

E como é una preocupación común, tamén  nos puxemos  a pensar en ferramentas que foran útiles para todos, como por exemplo una buena planificación do tempo e organización do estudio.

 

 

E, de seguido,  puxémonos a preparar as axendas para o curso. É unha ferramenta que vamos a manexar a diario y que nos vai guiar no noso traballo, así que ten que ser atractiva, útil e adaptada á  maneira de traballar de cada un.

Se aprendemos a organizar cada tarde o estudo dos exames, a realización das tarefas  e a revisión do visto polas mañás na clase, conseguiremos superar o curso dun modo moito máis levadeiro  e, o máis importante, farémolo  con menos esforzo e de un modo moito máis eficaz. No só pensando no exame senón asentando os coñecementos a longo prazo.