Quen vive na piña debaixo do mar? O seu corpo amarelo absorbe sen máis, o mellor amigo que poidas ter..
Quen vive na piña debaixo do mar?
Pois claro, ¡Booob Esponxa!
Que ben o pasaron esta semana os compañeiros de 1.º ESO na clase de Bioloxía!
Grazas á famosa esponxa cadrada e con pantalóns, aprenderon unha morea de cousas sobre o mundo mariño: as características dos poríferos (a familia de Bob), a peculiar alimentación dos equinodermos, as estrelas de mar, como Patricio; as marabillosas cnidarias (as medusas) que fascinan a Bob; o papel fundamental do placton, aínda que sexa o ruín nos debuxos.
Realizaron esta actividad para estudar a estrutura e a forma de vida dos invertebrados dun xeito ameno e divertido con Bob Esponxa, Patricio, Calamardo, Sr. Cangrexo, a lagosta Larry, o caracol Gary, Plancton… (Arenita Meixelas era un pouco difícil clasificala neste estudo porque é un esquío no fondo do mar.)
Estudiaron o ecosistema de Fondo de Bikini, situado no océano Pacífico, onde conviven diferentes animais invertebrados: poríferos, cnidarios, anélidos, moluscos (gasterópodos, bivalvos e cefalópodos), crustáceos e equinodermos.
Con esta actividade tamén valoraron a amizade que teñen os protagonistas dos debuxos e deste xeito tamén a vencellaron co noso proyecto de amigos, Sempre xuntos!
Bob Exponxa demostra que a presenza dun amigo é importante cando estamos felices, tristes ou cando temos un mal día, unha amizade incondicional e sen importar as diferenzas ( aínda que sexas unha esponxa, un cangrexo, unha estrela, unha medusa ou unha lura). Os amigos sempre estamos para axudar uns aos outros!