Quantcast
Skip to main content

Os cambios poboacionais na bolboreta Biston betularia permítennos estudar o melanismo industrial como exemplo do cambio biolóxico observable a curto prazo.

Nesta simulación empregamos un taboleiro que representa o ambiente, cartolinas que representan bolboretas e Xoel G., Xoel P. e Manuel representan ós depredadores (paxaros).

Contamos as bolboretas capturadas, analizamos as súas características e propoñemos explicacións sobre os resultados obtidos para fomentar a reflexión sobre a selección natural.

Tamén lemos a historia “As bolboretas do señor Gris”, a relación entre o xogo de simulación e a historia trátanse nunha posta en común.