Conócenos
mellor
O Seminario Menor Diocesano de Lugo, unha realidade formativa da Diocese de Lugo con varios séculos de historia, afronta unha nova etapa relanzando a súa proposta educativa arredor do Colexio Diocesano San Lorenzo , un centro de ensino para alumnos de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos, no que estudian tamén os seminaristas do Seminario Menor. O noso ideario é católico.
Nestas instalacións queremos ofrecer aos nosos alumnos e alumnas a oportunidade de construír o seu futuro, profesional e vocacionalmente, cun acompañamento individualizado e coa vantaxe dunha educación en grupos reducidos. O noso obxectivo é que se preparen para o futuro que elixan contando cunha formación integral con clara identidade cristiá.
Comprensión lectora
Enganchados á lectura. Para poder gozar dun libro ou que uns apuntamentos nos…
Metodoloxías de aprendizaxe: rutinas de pensamento
Traballamos con metodoloxías innovadoras de ensino-aprendizaxe, como son as rutinas de pensamento. Hoxe…
ALGUNHAS RAZÓNS QUE NOS FAN DIFERENTES

Os alumnos poderán estudar conforme a un plan de formación integral centrado no seu desenvolvemento intelectual, emocional e vocacional.

Estudarán en grupos reducidos onde nunca se sentirán sós porque contarán un acompañamento personalizado.

A oferta dos Ciclos Formativos axuda a que os alumnos poidan estudar o que máis lles gusta, tendo ademais unha alternativa ao Bacharelato e ao futuro acceso á Universidade.

Atoparán unhas instalacións modernas onde estudar e practicar os seus deportes favoritos nas mellores condicións.
Solicita a túa praza
Estamos interesados en coñecervos a vós, pais, e aos vosos fillos xa que queredes formar parte da nosa comunidade educativa. Por iso, ademais das diferentes probas psicolóxicas e de coñecementos, realizamos unha entrevista con cada candidato.
Se queres que contactemos contigo para recibir máis información sobre o proceso de admisións, completa o seguinte formulario:
Gustaríache recibir máis información?
O QUE DIN PROFESORES, ALUMNOS E PAIS

José Antonio Vilariño
Independentemente da magnífica ensinanza académica que imparte un grupo de excelentes pedagogos, cómpre destacar o desenvolvemento persoal do alumno que se produce durante a súa etapa no Seminario, cheo de valores dirixidos a vivir unha vida plena, feliz cun mesmo e co mundo que o rodea.

José Luis
A miña experiencia no Seminario foi moi vizosa, aprendín a ser amigo dos meus amigos, a madurar, a saber estar formal cando tiña que estalo, pero tamén a saber desfrutar e pasalo en grande cos compañeiros e formadores. Descubrín un montón de lugares en Galicia e fóra de Galicia, pero sobre todo quedo coa atención que me prestaron, a sensación de nunca estar só e saber que había xente que se preocupaba por min e me botaba unha man cando a precisaba, xa sexa no persoal ou no académico. Para min foi o mellor acerto que tiven, o día no que decidimos os meus pais e máis eu iniciar a miña formación académica no Seminario.

Carmen Arias
Unha ensinanza moi personalizada, na que se inclúe algo que para min é fundamental, os valores que se lles inculcan: o respecto, a disciplina e o traballo, entre outros moitos. Unha experiencia gratificante para el e para nós. É algo máis que un centro educativo; é un fogar.

Diego Pérez
Ter estado no Seminario foi unha das miñas mellores eleccións. Aquí aprendín cousas que, incluso fóra do ámbito académico, foron e serán útiles para toda a vida. Ademais, na miña estadía alí disfrutei dunhas instalacións e servicios inigualables na cidade. Repetiría a experiencia sen ningunha dúbida.

Manuel
Quero expresar con verbas de fondo agradecemento, a atención e o apoio recibido por parte de todo o equipo de formadores e persoal docente. Foi por iso que a miña personalidade se enriqueceu mediante a integración duns valores e uns principios culturais, educativos e relixiosos recibidos durante a miña a estancia no centro e que marcaron e configuraron no camiño da miña vida. Grazas por todo, Seminario.