1.º GMN
Guía en el Medio Natural y de Tiempo Libre
Titulación: Técnico en Guía no Medio Natural e Tempo Libre
Nivel: Formación Profesional de Grao Medio
Familia Profesional: Actividades Físicas e Deportivas
Duración: 2000 horas (2 cursos académicos)
Modalidade: Presencial (Quenda de mañá)
Ciclo Concertado: Formación oficial e de balde
É unha formación orientada á acción, con alta demanda laboral e múltiples saídas profesionais no ámbito deportivo, educativo e do ocio.
Desde o primeiro momento participarás en actividades reais, saídas ao medio natural e dinámicas de grupo onde desenvolverás habilidades clave para traballar con persoas e xestionar actividades de tempo libre.
Ao longo do ciclo irás gañando seguridade, autonomía e experiencia práctica en situacións similares ás que atoparás no ámbito profesional.
É unha formación dinámica, variada e orientada á acción, na que cada día é diferente.
Aprenderás a través da experiencia. A formación baséase en:
O obxectivo é que saias preparado para traballar desde o primeiro día.
Este ciclo ábreche as portas a múltiples ámbitos laborais, destacando especialmente:
Ademais, poderás continuar a túa formación accedendo a un ciclo superior da familia deportiva.
Este ciclo vai dirixido a persoas que:
O alumnado fórmase utilizando unha combinación de instalacións propias, espazos convencións e contornas naturais, o que permite unha experiencia completa e realista.
Esta variedade de espazos garante unha formación práctica adaptada a situacións reais do ámbito profesional.
Para o desenvolvemento das actividades prácticas, o alumnado deberá contar con equipamento deportivo básico:
Este material utilizarase de forma habitual ao longo do ciclo nas diferentes actividades prácticas diarias.
Máis información e solicitude: https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/
Non. É un ciclo concertado e totalmente de balde.
Non é necesario un nivel alto inicial, pero si interese pola actividade física e disposición para mellorar.
Sí. É unha formación moi práctica, durante todo o curso hai unha forte compoñente práctica dentro dos diferentes módulos, con actividades, saídas e situacións reais que forman parte da aprendizaxe.
Non. Aínda que é un ciclo dinámico e con moitas actividades prácticas, tamén require aprender contidos teóricos e saber aplicalos correctamente. O obxectivo non é participar como usuario, senón formarte como profesional: aprender a planificar, organizar e dirixir actividades, xestionar grupos e actuar con responsabilidade en situacións reais.
Si. O ciclo inclúe un período de Formación en Centros de Traballo (FCT), que se desenvolve en empresas do sector e permite aplicar o aprendido nunha contorna profesional real.
Poderás incorporarte ao mundo laboral ou continuar estudando un ciclo superior.
Non, salvo algunha excepción puntual, o material técnico necesario para as actividades (como piraguas, táboas de pádel surf, esquís, entre outros) é proporcionado polo centro.