Quantcast

Instalacións

No Colexio Diocesano Santo Lorenzo contamos con instalacións renovadas e modernas postas ao servizo do noso proxecto pedagóxico e educativo.

O centro conta cunha biblioteca, que consta duns 100.000 volumes, e doutros espazos como talleres e laboratorios, salas de lectura e audiovisuais ou de música. Ademais, no complexo deportivo pódense practicar diferentes deportes tanto nas pistas exteriores e no campo de fútbol 8, como no polideportivo.

Para o ensino dos ciclos formativos de Emerxencias Sanitarias, Acondicionamento Físico e Guía no Medio Natural e Tempo Libre o colexio conta con instalacións conveniadas como Forus Lugo, Hípica Cornelio Carvajal ou Club de Piragüismo Cidade de Lugo.

Instalacións Deportivas

O complexo deportivo está dotado de instalacións modernas que permiten a práctica dunha gran variedade de disciplinas deportivas, tanto ao aire libre como en espazos interiores.

O patio exterior do colexio, cunha superficie de 3.000 m², serve como espazo lúdico-recreativo e para a práctica de deportes como o fútbol 8, no campo de herba artificial, ou o baloncesto. Ademais, conta cunha zona cuberta na que se practican modalidades deportivas como a escalada en bloque (búlder) ou o tenis de mesa.

O polideportivo dispón dos recursos necesarios para a práctica de deportes como o bádminton, o fútbol sala, o voleibol, o baloncesto, o floorball e a ximnasia rítmica, entre outros. Así mesmo, permite impartir sesións de educación física e módulos pertencentes aos ciclos de formación profesional da familia deportiva.

Aulas

No Seminario contamos con aulas e espazos de estudo perfectamente dotados, pois ao longo da nosa historia acumulamos, ademais dunha profunda experiencia, útiles de estudo que acompañan ao estudante no día a día da súa capacitación. 

Contamos, polo tanto, con aulas para clases más teóricas, aula de informática, taller de tecnoloxía e laboratorios nos que o estudante se contacta coa realidade en condicións óptimas para a súa aprendizaxe.