Aproveitouse a renovación integral do edificio do Seminario para renovar tamén a zona dedicada a Residencia no Seminario Menor. Todos os seminaristas contan cunha habitación equipada con luz natural, calefacción e baño completo, nun ambiente de estudo e reflexión. Cada seminarista ten o seu sitio asignado na capela da súa comunidade, e todo o seu material (libro de oración, cantoral, Evanxeo, diario, Biblia) a disposición no seu lugar.
Instalacións Comunidade
Habitacións
Sala de Estudo
Compartir o día a día cos compañeiros fai de estudar no Seminario unha experiencia única. Os seminaristas contan cun amplo salón de estudo no que realizan parte do traballo persoal das distintas materias, co apoio de profesores e formadores.
Sala Comunitaria
A vida no Seminario quere ser a dunha familia que cumpre o desexo do Señor: “que todos sexan un” (Jn 17,21). Os momentos comunitarios de lecer e tempo libre contan tamén cos seus espazos específicos na residencia.
Outras Instalacións
As instalacións deportivas e audiovisuais, que utilizan durante a xornada escolar no Colexio Diocesano San Lorenzo, son tamén espazos para os seminaristas no seu día a día.