O Seminario Menor é unha comunidade educativa diocesana erixida polo Bispo segundo as normas da Santa Sé para cultivar os cimentos de vocación sacerdotal de quen, en curta idade, presentan indicios desta vocación e inclínanse polo sacerdocio diocesano secular (PFSMe 6).
Trátase de ofrecer aos seminaristas un contexto comunitario formativo e un acompañamento adecuado para que, mentres realizan a formación académica propia da súa idade, avancen tamén no discernimiento da súa vocación.
Os seminaristas comparten cos demais alumnos do Colexio Diocesano San Lorenzo as clases e as actividades extraescolares, pero viven en comunidade xunto coas súas formadores, participando de todo aquilo que é proposto no ritmo diario e semanal como elementos que axudan ao seu crecemento cristián e vocacional.
Seminario Menor
”O Seminario Menor continúa a súa misión vocacional co apoio dunha realidade educativa renovada.
Obxectivos e fins (Plan de Formación Sacerdotal, 71-76)
Como tantas outras institucións educativas, tamén os Seminarios Menores no presente son unha realidade valiosa para a sociedade e para a Iglesia, por canto tentan promover unha cultura vocacional e responder á demanda de tantas familias que consideran que descubrir o plan de Deus para os seus fillos é o mellor que poden ofrecerlles.
O Seminario Menor ten como obxectivo principal descubrir, alentar e cultivar as “sementes de vocación” sacerdotal en nenos e adolescentes. Axudándolles a descubrir que a vida é un don de Deus dentro dun proxecto amoroso, persoal e único que están chamados a acoller e a responder libre e xenerosamente facéndose don en favor dos demais para levar así unha vida plena e feliz.
Fins específicos do Seminario Menor
- Proporcionar a quen manifeste indicios de vocación sacerdotal aquela formación que lles dispoña a seguir a Cristo Pastor con espírito de xenerosidade e pureza de intención.
- Acompañar aos seus alumnos cos medios necesarios para a súa maduración educativa no crecemento humano, cristián e especificamente vocacional.
- Axudarlles a que poidan facer progresivamente un serio discernimiento da súa propia vocación antes de tomar a opción correspondente que lles capacite para ingresar no Seminario Maior.
- Formar mozos idóneos para a entrada, vocacionalmente responsable, no proceso educativo do Seminario Maior.
A través de actividades académicas, espirituais, culturais e deportivas, nun ambiente de comunidade e réxime habitual de internado, o Seminario Menor contribúe a crear un «microclima» favorable á vocación sacerdotal, tendo en conta o desenvolvemento integral da persoa e favorecendo desde os distintos ámbitos interdisciplinares a maduración humana, cristiá e vocacional dos adolescentes, co fin de desenvolver, conforme á súa idade, a liberdade interior que lles permita percibir o designio de Deus sobre a súa vida e corresponder a el. Por iso, o Seminario Menor segue sendo un «lugar vocacional privilexiado» «poderá ser na diocese punto de referencia da pastoral vocacional».
Plan de formación
Conoce o plan de formación facendo clic aquí