1.º GMN
Guía en el Medio Natural y de Tiempo Libre
A competencia xeral do título de Técnico Superior en Hixiene Bucodental consiste en promover a saúde bucodental das persoas e da comunidade, mediante o desenvolvemento de actividades preventivas e técnico-asistenciais que inclúen a exploración, a avaliación, a promoción e a realización de técnicas odontolóxicas en colaboración co odontólogo ou co médico estomatólogo. Como membro dun equipo de saúde bucodental realizará a súa actividade profesional con criterios de calidade, seguridade e óptimo aproveitamento dos recursos.
No sector sanitario público e no privado, na área de atención sanitaria e promoción da saúde, formando parte de equipos estruturados de saúde bucodental, de equipos de atención primaria, nas unidades de promoción da saúde, e en consultas ou gabinetes dentais privados. Poden integrarse nun equipo de prevención e atención sanitaria, coordinado por un facultativo. Desenvolven funcións de organización e xestión na unidade ou no gabinete dental de traballo, prestan servizos asistenciais e preventivos á comunidade e controlan a súa calidade a través de actividades de vixilancia epidemiolóxica e de educación sanitaria. A súa actividade profesional está sometida a regulación pola Administración competente.
A formación que recibirá o alumno matriculado no Ciclo Superior de Hixiene Bucodental permitiralle: