Quantcast
Skip to main content

Presentámosvos o lema para este novo curso 2023-24 “La Palabra permanece para siempre” (cf. Is 40, 8).

A “Palabra” é fundamental na nosa acción educativa xa que a transmisión dos coñecementos e da fe son a razón de ser dos nosos colexios diocesanos.

A proposta cristiá xorde con toda a súa forza na Persoa de Jesús, a quen propoñemos como “Palabra” que se fixo carne, como seguridade no medio das nosas vacilacións e dificultades.

Desde os nosos colexios diocesanos tratamos de xerar persoas cristiás capaces de comprender e vivir no mundo de hoxe, dando resposta ás preguntas existenciais e sostendo todo aquilo que é importante para o ser da persoa.

A tarefa educativa é un exercicio de transmisión de coñecementos, de ideas, de palabras que procuran a aprendizaxe no outro para que cada alumno sexa capaz de xerar de maneira crítica un discurso, unha posición ante a vida e o mundo, asumindo a responsabilidade e a liberdade que lle son propias ao ser humano.

A Palabra de Dios, a educación, sempre queda en nós como unha raíz que non se ve, pero que está, que é semente dun froito que se recollerá a posteriori.

Na imaxe represéntase unha das portas laterais da Basílica da Sacra Familia en Barcelona. Nela exprésase o texto da Paixón, con algunhas palabras destacadas, como é a de Jesús no centro da imaxe porque Jesús é o centro da nosa vida (persoal, do colexio, familiar etc.), é a Palabra que permanece en nós.

A educación dá paso na vida dos alumnos e das familias ás distintas etapas que se van manifestando a través de infantil, primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional.

Os alumnos crecen, empregando estas portas que se abren ante os seus pasos decisivos e que nós os acompañamos como un signo inequívoco do noso ser como colexios diocesanos.