HASTA AQUÍ CHEGAMOS.
E pagou a pena
Hoxe é o último día.
E sei que para moitos de vós iso sentsese de formas moi distintas. Algúns con alivio, con ganas de que isto acabe xa. Outros cunha mestura rara de ledicia e algo que non sabedes de todo como nomear. E algúns, especialmente os que terminan etapa, cunha emoción que pesa máis do esperado.
Todas esas sensacións son válidas. Todas.
Este curso foi longo. Houbo días bos e días nos que só queriades chegar a casa e pechar a porta. Houbo momentos dos que vos sentides orgullosos e outros que, se puiderades, borrariades. Iso é exactamente o que significa estar medrando.
Desde orientación tivemos o privilexio de acompañarvos durante este ano. E se hai algo que queremos que leves hoxe, é isto:
Sodes as veces que o intentastes, aínda que tiñades medo. A conversa que tivestes con alguén que o estaba pasando mal. O proxecto que non saíu como agardabades, pero do que aprendestes algo. A decisión difícil que tomastes sós. O día que vos levantastes, aínda que non tiñades ganas.
O colexio ensinouvos matemáticas, historia, inglés. Pero vós, sen que ninguén nolo pedira, aprendestes a manexar a presión, a convivir con persoas moi distintas a vós, a equivocarvos e seguir. Iso no aparece en ningún boletín de notas, pero é o máis importante.
Para os que o ano que vén seguides aquí: Descansade de verdade. Volvedes en setembro, pero agora non toca pensar niso. Agora toca o verán.
Para os que hoxe pechades unha porta para sempre: Que sorte a vosa. Non porque o que veña sexa fácil, senón porque aínda non sabedes todo o que sodes capaces de facer. E iso é o máis bonito que existe.
Coidádevos moito.
Ata o ano que vén (o o que veña despois).








GA