Seminario MenorAcerca do Seminario Menor

O Seminario Menor, é unha comunidade educativa diocesana erixida polo Bispo segundo as normas da Santa Sé para cultivar os alicerces da vocación sacerdotal de quen, a curta idade, presentan indicios desta vocación e inclínanse polo sacerdocio diocesano secular (PFSMe 6). Trátase de ofrecer aos seminaristas un contexto comunitario formativo e un acompañamento adecuado para que, mentres realizan a formación académica propia da súa idade, avancen tamén no discernimento da súa vocación.

Os seminaristas comparten cos demais alumnos do Colexio Diocesano San Lorenzo as clases e as actividades extraescolares, pero viven en comunidade xunto cos seus formadores, participando de todo aquelo que se propón no ritmo diario e semanal como elementos que axudan ao seu crecemento cristián e vocacional.

Obxectivos e fins (Plan de formación sacerdotal, 71-76)

Como tantas outras institucións educativas, tamén os Seminarios Menores no presente son unha realidade valiosa para a sociedade e para a Igrexa, por canto intentan promover unha cultura vocacional e responder á demanda de tantas familias que consideran que descubrir o plan de Deus para os seus fillos é o mellor que poden ofrecerlles.

O Seminario Menor ten como obxectivo principal descubrir, animar e cultivar as “sementes de vocación” sacerdotal en nenos e adolescentes. Faino axudándolles a descubrir que a vida é un don de Deus dentro dun proxecto amoroso, persoal e único que están chamados a acoller e a responder libre e xenerosamente facéndose don en favor dos demais para levar así unha vida plena e feliz.

Os fins específicos do Seminario Menor son
  • Proporcionar a quen manifeste indicios de vocación sacerdotal aquela formación que lles dispoña a seguir a Cristo Pastor con espírito de xenerosidade e pureza de intención.
  • Acompañar aos seus alumnos cos medios necesarios para a súa maduración educativa no crecemento humano, cristián e especificamente vocacional.
  • Axudarlles a que poidan facer progresivamente un serio discernimento da súa propia vocación antes de tomar a opción correspondente que lles capacite para ingresar no Seminario Maior.
  • Formar mozos idóneos para a entrada, vocacionalmente responsable, no proceso educativo do Seminario Maior».

A través de actividades académicas, espirituais, culturais e deportivas, en un ambiente de comunidade e réxime habitual de internado, o Seminario Menor contribúe a crear un «microclima». favorable á vocación sacerdotal, tendo en conta o desenvolvemento integral da persoa e favorecendo desde os distintos ámbitos interdisciplinares a maduración humana, cristiá e vocacional dos adolescentes, co fin de desenvolver, conforme a súa idade, a liberdade interior que lles permita percibir o designio de Deus sobre a súa vida y corresponderlle. Por iso, o Seminario Menor segue sendo un «lugar vocacional privilexiado» «poderá ser na diocese punto de referencia da pastoral vocacional».

Plan de formación

Más información facendo clic aquí

Horario 2020-2021

O horario do Seminario xira arredor dun obxectivo xeral básico: que sirva para que os seminaristas obteñan o maior aproveitamento académico, espiritual e humano posible.

Compartimos o horario dun día completo. Hai variacións cando se imparten clases polas tardes (martes) ou se realizan actividades extraescolares (luns 18:00-19:30):

Maña
  • 08:00 Erguerse
  • 08:20 Almorzo e aseo da habitación
  • 08:45 Oración. Incorpóranse os alumnos non residentes.
  • 09:00 Clase
  • 09:50 Clase
  • 10:40 Clase
  • 11:30 Recreo
  • 12:00 Clase
  • 12:50 Clase
  • 13:40 Clase
  • 14:30 Xantar
Tarde
  • 15:30 Deportes
  • 16:30 Aseo persoal e das habitacións - Duchas
  • 17:00 Eucaristía / Formación relixiosa
  • 17:40 Merenda
  • 18:00 Estudo
  • 19:30 Descanso
  • 19:45 Estudo
  • 21:00 Cea
  • 21:45 Oración
  • 22:00 Cuarto e silencio. Estudo persoal - Descanso