Os cambios poboacionais na bolboreta Biston betularia permítennos estudar o melanismo industrial como exemplo do cambio biolóxico observable a curto prazo.
Nesta simulación empregamos un taboleiro que representa o ambiente, cartolinas que representan bolboretas e Xoel G., Xoel P. e Manuel representan ós depredadores (paxaros).
Contamos as bolboretas capturadas, analizamos as súas características e propoñemos explicacións sobre os resultados obtidos para fomentar a reflexión sobre a selección natural.
Tamén lemos a historia «As bolboretas do señor Gris», a relación entre o xogo de simulación e a historia trátanse nunha posta en común.