Quantcast
Skip to main content

O venres 24 de outubro visitamos O Vello Cárcere de Lugo dentro do programa de actividades vencelladas á materia Historia do Mundo Contemporáneo de 1º de BAC.

Este edificio atópase nunha zona clave dentro do desenvolvemento urbanístico da cidade de Lugo durante o século  XIX, permitindo ver desde a mesma entrada o bastión de María Cristina, vencellado coas Guerras Carlistas, ou a Porta do Campo Castelo, entrada inserida na Muralla de Lugo, que foi deseñada por Nemesio Cobreros e supuxo terceira porta que se abreu  durante o siglo XIX.

O Vello Cárcere foi un deseño do propio Nemesio Cobreros de 1878 e inaugurouse no ano 1887, estando operativo como cárcere ata 1981. Os  case cen anos de historia deste edificio serven de perfecta guía en pedra da Historia Contemporánea de Lugo, destacando para os alumnos o protagonismo deste cárcere durante la Guerra Civil , episodio clave dentro do currículo da materia.

Os  alumnos desfrutaron percorrendo os espazos deste edificio, contemplando a beleza do modelo do Panóptico de Bentham y vivindo  experiencias como a sensación de entrar nas  distintas celas o ler as cartas dos presos que se atopan musealizadas ao longo da planta baixa.