Quantcast
Departamento de orientación

Verán, descanso e bos hábitos

Unha reflexión para gozar do verán sen perder o ritmo, o descanso e o benestar.

Chega o verán e a sensación é incrible: non hai horarios, non hai obrigas, podes quedar ata as dúas da mañá e levantarte cando queiras. Os primeiros días son un luxo. Pero pasadas un par de semanas, moitos notades algo raro: estades máis cansos, máis irritables, con menos ganas de facer cousas. Por que?

Porque o noso cerebro e o noso corpo, aínda que non o pareza, necesitan certa estrutura para funcionar ben. Non a estrutura do cole, claro, pero si algún tipo de ritmo.

Que pasa cando nos desregulamos por completo?

Cando os horarios se van ao traste (durmir a deshoras, comer cando sexa, pasar horas e horas co móbil sen facer nada en concreto…) o corpo desoriéntase. O sono vólvese peor, o estado de ánimo baixa e a sensación de que o verán escapa sen ter feito nada aparece con forza.

Algunhas ideas para gozar sen perder o norte:

1

Mantén unha hora de levantarte máis ou menos fixa. Non ten que ser ás oito, pero si que haxa un límite. Durmir ata as dúas cada día acaba pasando factura.

2

Dedica un intre ao día sen pantallas. Non por norma, senón porque hai moita vida aí fóra esperando. Un paseo, unha conversa, un libro, un intre no xardín ou na terraza.

3

Móvete. Non fai falta apuntarse a un ximnasio. Nadar, camiñar, bailar na casa, o que sexa. O movemento regula o estado de ánimo dunha forma brutal.

4

Come ben, aínda que sexa verán. A calor quita a fame, pero o corpo segue necesitando enerxía e nutrientes. Froita, auga, almorzos que non sexan só un vaso de Cola Cao.

5

Queda con xente. O verán pode volverse solitario se todo o tempo estás detrás dunha pantalla. As relacións de verdade, as cara a cara, son as que máis recordas cando miras atrás.

E, sobre todo: descansa de verdade. Non de forma culpable pensando no que deberías estar facendo. Descansar ben é o máis produtivo que podes facer agora mesmo. Díchoo o departamento de orientación, que algo sabemos do tema.

Feliz verán a todos!